lunes, 3 de abril de 2017

Ciencia e Indagación na aula

Boas
O meu nome é Jorge J. Pérez veño sendo pringaíllo maior do reino no CPI de Zas, onde torturo nenos e nenas dende 1º da ESO ata 4º da ESO. Concretamente, doulle a paliza con Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO, Promocion de Estilos de Vida Saudables en 2º ESO, Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO (a miña maravillosa e excelente titoría), e os de 4º ESO levan ración dobre, Bioloxía e Xeoloxía e Economía.
O outro día fixemos unha actividade o aire libre dentro do Proxecto Erathostenes:
Na imaxe os de 3º e 4º ESO medindo a sombre dun pao de 1m as 12:42 horas exactamente; con ista medida e un pouco de trigonometría calculan o ángulo alfa. Tendo en conta dito ángulo e a distancia do centro ó Ecuador, pode estimarse a circunferencia de Terra (como fixo Erathostenes no seu momento).
Saúdos





No hay comentarios:

Publicar un comentario