lunes, 3 de abril de 2017

Castañazo ca indagación

Boas de novo
A miña aterraxe na indagación foi.... como dicilo....accidentada, moi accidentada,....esnafreime de feito. O primeiro intento foi cun 4º da ESO no IES de CENSURADO (fai 3-4 anos) apuntei os rapaces nun proxecto de EducaBarrié chamado "Unha cebra na auga" (http://www.unacebraenelagua.es/), era un proxecto con peixes cebra. Tiñan que coidar os peixes, analizar auga e tendo en conta as condicións (ca axuda dunha web específica), modificar as condicións da auga,....total, a idea era manter vivos os animaliños e incluso conseguir que fixeran un posta de ovos e seguir o desenrolo. Como decir, os peixes tiñan medo dos alumnos, estresaronse, claro, o acuario estaba nunha aula temática (Bioloxía) por onde pasaban todo o mundo, e todo o mundo metia a man, literalmente. Pese a todo, sobreviviron, eu case non.
Resultado de imagen de una cebra en el agua
Ademais, o alumnado non participaba, non entraban na web e facían os xogos, non seguían as tarefas nen se preocupan, bueno, minto, preocupabame eu. Acabei facendo eu as cousas, o final do curso regalei os peixes os alumnos, dado que me iba do centro, creo que algún chegou a outubro. A esperanza de vida dos peixe cebra estresados ca auga "de aquel lugar de grato recordo pero ingrato resultado cas cebras" é máis alta do que esperaba (non morreo ningún durante o curso), pero os resultados en canto curiosidade, compromiso, ciencia,...foron cuestionables, nefastos.
Nesa aprendín, que non se pode apretar os alumnos para que fagan algo, por moi "guaia" que nos pareza, que non todos os alumnos entran no xogo (algúns só pensan nas notas e se non leva nota non interesa, outros directamente non queren facer nada nin bo nin malo, nin "guaia" nin "sen guaia", a resistencia ca frustación é baixa, xa non digamos volvelo intentar...), e os profesores/as compañeiros/as algúns xogan en casa, outros xogan en contra.
Sigo pelexando con iso, este ano estou intentando facer con 1º ESO una investigación cerrada (xa o fixeron outros, non facemos nada novedoso)....pouco a pouco, espero desenrolando cousas para todos os cursos, non todas de indagación, pero a lo menos unha o dous por nivel, combinado con proxectos, presentacións,....non sei, teño que ir facendo, proba e error.
Saúdos


No hay comentarios:

Publicar un comentario