miércoles, 12 de abril de 2017

O reto da buxaina


A continuación escribo a miña experiencia coa buxaina, vaia por diante a miña nula capacidade de construción de cousas en xeral. Vamos por partes.

Práctica 1. Facendo unha buxaina

Seguindo as instrucións constrúo con cartolina, un lapis, dúas gomas, unha tesoira e un compás unha buxaina. Como se mostra na seguinte foto:

Foto 1: Buxaina cas moedas no interior

Como se ve na foto engado 6 céntimos de euro espaciados sobre a superficie na parte interior (pegados . Fago un lanzamento de proba e axusto as gomas no lapis (basculaba). Os tempos rexistrados son:

Práctica 1
Tempo con moedas no interior
Lanzamento 1
0,77
Lanzamento 2
0,58
Lanzamento 3
0,93

Como se pode ver as miñas habilidades son malas, non xira a penas. Por certo, os datos teñen unha alta variabilidade debido o feito de non ter alguén o lado que leve o tempo, darlle o xiro e darlle o cronómetro o mesmo tempo, levou máis de tres intentos para ter algún resultado fiable.  A continuación, recoloco as moedas na parte exterior:

Foto 2: Buxaina cas moedas no exterior

E lanzo de novo tres veces (algunha máis tamén): 


Tempo con moedas no exterior
Lanzamento 1
1,31 segundos
Lanzamento 2
2,01 segundos
Lanzamento 3
1,67 segundos

Se ben non é unha maravilla, parece xirar máis coas moedas no exterior, case o dobre. 

Respondendo as preguntas:

a) Cales foron os teus mellores resultados? Tras varias probas, debe anotarse que a disposición das moedas é un factor importante; xira máis tempo coas moedas no exterior. 

b) Segundo eses resultados, si movésemos o peso máis lonxe do eixo podemos esperar un movemento ... Non podo facer unha suposición dado que fixen a proba antes de ler isto, canto máis baixo o peso (máis cerca da punta), máis tempo de xiro. 

Conclusión: Creo que se tempos en conta o centro de gravidade e a distribución e disposición do peso sería a clave para manter estabilidade e duración do xiro. Noutra vida din como afín tecnoloxía de 2º da ESO é na parte de construción e materias falabamos do centro de gravidade (centro baixo, base grande,....), da triangulación de estruturas, ....É dicir, cando o centro de gravidade está centrado e baixo, é maior a estabilidade da buxaina e por iso dura máis dito movemento. Polo tanto, si se aumenta o peso na parte baixa, é se distribúe xerando unha base ampla debería ser máis estable e durar máis, dado que o centro de gravidade coincidiría ca base é polo tanto sería máis estable. Tamén canto máis abaixo sería mellor, pero neste caso, moi abaixo non entra ben a goma, tropeza incluso a cartolina ca mesa, este factor o deixo constante nas seguintes probas por si acaso. 

Práctica 2. A buxaina dos 8 segundos

A segunda parte foi a máis complicada, conseguir unha buxaina que xire 8 segundos. Dada a dispoñibilidade de materiais e as conclusións da parte 1, variei os seguintes factores:
-Altura na disposición da cartolina
-Grosos da cartolina
-Cantidade e tipos de moedas

Tras varias probas, conseguín o que se mostra na seguinte foto:


Foto 3: Cartolina da buxaina final con todas as moedas.

Que montado é así:

Foto 4:  Buxaina final

Nel aumentei o grosor da cartolina (2 cartolinas, unha por riba e outra por abaixo), e a cantidade de moedas (10 de 1 céntimo; 2 de 20 céntimos; 2 de 10 céntimos). Con iso conseguín: 


Tempo con moedas variadas
Lanzamento 1
8,78
Lanzamento 2
8,01
Lanzamento 3
8,20

Conclusión: Dadas as miñas habilidades construtoras (nivel Chapuza) conseguín os 8 segundos polos pelos, colocando máis peso e distribuíndo no exterior as moedas (para poñer o centro de gravidade no eixo, cando as moedas están no centro o centro non queda exactamente sobre o eixo e por iso dura menos), colocando máis peso tamén (máis moedas) e poñendo dobre cartolina e, por último, baixando un pouco a cartolina sobre o eixo.

Cuestións sobre control: 

1. En cada práctica, quen ten o control (profesor ou alumno) sobre a cuestión que se plántea?
Na práctica 1 o control da cuestión é do profesor, dado que é quen a plántea inicialmente, na práctica 2 o control da cuestión tamén é do profesor pero neste caso compartido cos alumnos. Explico isto, se ven na segunda o reto é plantexado polo profesor, pode pasar que sexan os alumnos quen poidan chegar a dito reto (ou outro similar) de forma non guiada. 

2. En cada práctica, quen ten o control (profesor ou alumno) sobre o procedemento a realizar? (materiais a utilizar, recollida de datos)
No tócante o procedemento e realización, os materiais iniciais son plantexados tamén polo profesor, pero despois o control no resto é dos alumnos. Que dato, como tomalo, que materiais, que variacións, que factores,... todo depende do alumnado, é a súa responsabilidade dende o inicio e plantexamento polo profesor na práctica 1 ata o final.

3. En cada práctica, quen ten o control (profesor ou alumno) sobre os resultados? (É un problema aberto con múltiples solucións ou soamente ten unha)
Creo que o control dos resultados é do profesor en todo momento, os alumnos toman os datos, chegan as conclusións pero é o profesor quen dirixe e valida en último caso as explicacións. Explicacións, por outro lado, que teñen un número limitado de solucións posibles, podendo ter múltiples solucións (disposición das moedas, situación no eixo, fixación do lapis, material do eixo,...), ainda que as solucións poidan reducirse o final a situación do peso e o resultante final do centro de gravidade sobre o eixo. Problema aberto con múltiples solucións, ainda que restrinxidas e esperables polo profesor.

Creo que é todo por agora, seguiremos xogando ca buxaina introducindo un mecanismo de disparo como unha corda.

Saúdos

No hay comentarios:

Publicar un comentario