domingo, 30 de abril de 2017

Habilidades científicas nun profe

Boas
Nas seguintes fotos mostro os experimentos para identificar habilidades científicas:
1) Acuario de refrescos.¿Que diferencias atopas entre unhas latas e outras?

Creo que o alumnado traballa todas en maior ou menor medida:
Observación: Observaran que unhas latas flotan e outras non flotan; poden relacionar isto con bebidas sen azucre.
Elaboración de cuestións: A cuestión sería a que plantexar a actividade, pero poden preguntarse diferencias de composición que os levarán ata a elaboración dunha hipótese en base a observación.
Hipótese: A hipótese seria ¿Pode a composición de azucre cambiar a densidade da lata?. Serían dúas posibles solucións, ou existen diferencias en base a composición de azucre; ou non existe tal diferencia.
Planificación e investigación: Utilizar varias latas de diferentes refrescos e non refrescos, analizar se flotan ou non, tomar nota do resultado e comparar composición.
Interpretación: Se as latas con azucre normal non flotan, a maioría irán para o fondo. E as latas con substitución por edulcorante artificial flotarán.
Comunicación: Pode ser un póster ou simplemente unha explicación somerxido latas (tendo coidado de non ter aire debaixo) para demostrar dita explicación.
Se ven o que máis se traballa sería a observación, elaboración de cuestións, hipóteses e interpretación frente as outras. 
No meu caso as fotos do experimentos:
Como se ve aparecen 2 latas no fondo e o resto flotando. Nas que flotan aparecen refrescos, cerveza,.... Noutra proba:
Na foto aparecen as latas de antes, máis unha botella con outro formato para comprobar si flota ou no.


2)Torre de cores.¿Cal podría ser a causa pola que estes líquidos estén separados ? Se ven creo que se traballan todas as habilidades:

Observación: Aparecen os diferentes líquidos separados formando bandas.
Elaboración de cuestión: Que preguntas poden plantexar, diferenciar por cores, por peso, se son espesos ou líquidos, ou densidade. Algunhas son erróneas de concepto.
Hipótese: Os líquidos poden ordearse por densidade? Ou non é a densidade o factor determinante?
Planificación e investigación: Utilizar diferentes densidade é líquidos, incluso sólidos (pelotas de Ping-Pong, ravos...).
Interpretación: Os resultados mostraran que os líquidos colocaranse por densidades, menos densos arriba e secuencialmente cara abaixo.
Comunicación: Demostración con fórmulas, ou engadír outros produtos demostrando ditos principios.
Sobre todo neste caso o traballo de hipóteses, planificar e investigar e interpretar sobre os outros. Parece que observacións e cuestións son moi sinxelas de atopar, o complicado para mín é a investigación, interpretación e comunicación; polo que sería onde se traballarían máis as habilidades. Todas se traballan pero máis as últimas que sinalo, debido precisamente o complicado de traballadas.

Neste caso o problema foi co alcohol que non quixo mesturarse co vermello do colorante:
E polo tanto, a torre non quedou de todo colorida:
Colorante alimentario en pasta, non líquido, problemillas có alcohol.

3) Buzo.¿Porqué crees que o apretar a botella, baixa o “buzo”? O mesmo creo que traballan todas as habilidades:

Observación: Neste caso ven baixar ou subir o buzo cando apretan e baixan
Elaboración de cuestións: Complicado elaborar cuestións manexar conceptos de presión creo que pode ser complicado.
Hipótese: Para min, deberían ser, Cando aumenta a presión suben? Ou non?.
Planificación e investigación: Tamén complicado facer experimentos, creo que se podería facer unha bolsa con papel de aluminio ou plástico con líquido dentro, ver se pode complicarse.
Interpretación: Tamén complicada polo tema da presión.
Comunicación: Neste caso tamén difícil debido os conceptos implicados.
Neste caso traballan observación e elaboración de cuestións sobre todo, unha vez chegado a dita parte o resto non me parece moi variable. A hipóteses, planificación e interpretación son case idénticos entre grupos (supoño), o revés do caso da torre de colores, serían as habilidades primeiras as que mais se traballan debido a súa dificultade conceptual. 
Nesta proba o problema foi escoller un paquete de mostaza en lugar de ketchup:
 Pero logo con outras probas, e o paquete correcto, conseguiuse:



4)Plano inclinado.¿Poderías relacionar a inclinación do plano e a velocidade da bola? O mesmo caso que os outros experimentos, creo que en xeral se traballan todas as habilidades:

Observación: A bola varia a velocidade con respecto o ángulo o cambia o tempo pero non a velocidade.
Elaboración de cuestións: Neste caso moitas cousas, como o ángulo do plano inclinado non cambia, pero pode cambiar o material da bola ou da superficie.....
Hipótese: Maior ángulo máis velocidade? Menos velocidade ou igual velocidade?
Planificación e investigación: Sinxela, cambiar o ángulo do plano é medir, se ven sería un problema coller un espazo corto para medir (problemas de medida do tempo). Tamén poden cambiar outras variables como materiales, cronómetros, distancia do plano,...
Interpretación: Neste caso ten fácil interpretación tendo en conta dita hipótese, ou cambia velocidade, ou cambia o tempo no plano; ou ambos. Tendo en conta os resultados interpretación sinxela.
Comunicación: Táboa con resultados e unha gráfica dos mesmos, análise do traballo feito.
No caso do plano inclinado para min o que máis traballan é a planificación e investigación, tomar os datos de forma precisa cun erro mínimo pode ser complicado de facer; por exemplo, se toman a medida con pouco espazo entre os puntos de inicia e final pode darlle un erro moi grande. Polo que pode ser complicado dito proceso. Tamén pode pasar que empecen a cambiar outras variables como material, tipo de obxecto (coches de xoguete,....) poden xerar demasiadas variables.
Por último, neste caso, esquezinme totalmente das instruccións do experimento, pero, e que tendo un xoguete no laboratorio do instituto como o que se mostra na foto, tiña unha razón para xogar con él:
Ademáis o propio aparello era utilizado para calcular velocidade media polo profesor de física e química do meu centro. Pero, era tan completo que tiña para ángulos:

Creo que isto é todo....por agora

miércoles, 12 de abril de 2017

O reto da buxaina


A continuación escribo a miña experiencia coa buxaina, vaia por diante a miña nula capacidade de construción de cousas en xeral. Vamos por partes.

Práctica 1. Facendo unha buxaina

Seguindo as instrucións constrúo con cartolina, un lapis, dúas gomas, unha tesoira e un compás unha buxaina. Como se mostra na seguinte foto:

Foto 1: Buxaina cas moedas no interior

Como se ve na foto engado 6 céntimos de euro espaciados sobre a superficie na parte interior (pegados . Fago un lanzamento de proba e axusto as gomas no lapis (basculaba). Os tempos rexistrados son:

Práctica 1
Tempo con moedas no interior
Lanzamento 1
0,77
Lanzamento 2
0,58
Lanzamento 3
0,93

Como se pode ver as miñas habilidades son malas, non xira a penas. Por certo, os datos teñen unha alta variabilidade debido o feito de non ter alguén o lado que leve o tempo, darlle o xiro e darlle o cronómetro o mesmo tempo, levou máis de tres intentos para ter algún resultado fiable.  A continuación, recoloco as moedas na parte exterior:

Foto 2: Buxaina cas moedas no exterior

E lanzo de novo tres veces (algunha máis tamén): 


Tempo con moedas no exterior
Lanzamento 1
1,31 segundos
Lanzamento 2
2,01 segundos
Lanzamento 3
1,67 segundos

Se ben non é unha maravilla, parece xirar máis coas moedas no exterior, case o dobre. 

Respondendo as preguntas:

a) Cales foron os teus mellores resultados? Tras varias probas, debe anotarse que a disposición das moedas é un factor importante; xira máis tempo coas moedas no exterior. 

b) Segundo eses resultados, si movésemos o peso máis lonxe do eixo podemos esperar un movemento ... Non podo facer unha suposición dado que fixen a proba antes de ler isto, canto máis baixo o peso (máis cerca da punta), máis tempo de xiro. 

Conclusión: Creo que se tempos en conta o centro de gravidade e a distribución e disposición do peso sería a clave para manter estabilidade e duración do xiro. Noutra vida din como afín tecnoloxía de 2º da ESO é na parte de construción e materias falabamos do centro de gravidade (centro baixo, base grande,....), da triangulación de estruturas, ....É dicir, cando o centro de gravidade está centrado e baixo, é maior a estabilidade da buxaina e por iso dura máis dito movemento. Polo tanto, si se aumenta o peso na parte baixa, é se distribúe xerando unha base ampla debería ser máis estable e durar máis, dado que o centro de gravidade coincidiría ca base é polo tanto sería máis estable. Tamén canto máis abaixo sería mellor, pero neste caso, moi abaixo non entra ben a goma, tropeza incluso a cartolina ca mesa, este factor o deixo constante nas seguintes probas por si acaso. 

Práctica 2. A buxaina dos 8 segundos

A segunda parte foi a máis complicada, conseguir unha buxaina que xire 8 segundos. Dada a dispoñibilidade de materiais e as conclusións da parte 1, variei os seguintes factores:
-Altura na disposición da cartolina
-Grosos da cartolina
-Cantidade e tipos de moedas

Tras varias probas, conseguín o que se mostra na seguinte foto:


Foto 3: Cartolina da buxaina final con todas as moedas.

Que montado é así:

Foto 4:  Buxaina final

Nel aumentei o grosor da cartolina (2 cartolinas, unha por riba e outra por abaixo), e a cantidade de moedas (10 de 1 céntimo; 2 de 20 céntimos; 2 de 10 céntimos). Con iso conseguín: 


Tempo con moedas variadas
Lanzamento 1
8,78
Lanzamento 2
8,01
Lanzamento 3
8,20

Conclusión: Dadas as miñas habilidades construtoras (nivel Chapuza) conseguín os 8 segundos polos pelos, colocando máis peso e distribuíndo no exterior as moedas (para poñer o centro de gravidade no eixo, cando as moedas están no centro o centro non queda exactamente sobre o eixo e por iso dura menos), colocando máis peso tamén (máis moedas) e poñendo dobre cartolina e, por último, baixando un pouco a cartolina sobre o eixo.

Cuestións sobre control: 

1. En cada práctica, quen ten o control (profesor ou alumno) sobre a cuestión que se plántea?
Na práctica 1 o control da cuestión é do profesor, dado que é quen a plántea inicialmente, na práctica 2 o control da cuestión tamén é do profesor pero neste caso compartido cos alumnos. Explico isto, se ven na segunda o reto é plantexado polo profesor, pode pasar que sexan os alumnos quen poidan chegar a dito reto (ou outro similar) de forma non guiada. 

2. En cada práctica, quen ten o control (profesor ou alumno) sobre o procedemento a realizar? (materiais a utilizar, recollida de datos)
No tócante o procedemento e realización, os materiais iniciais son plantexados tamén polo profesor, pero despois o control no resto é dos alumnos. Que dato, como tomalo, que materiais, que variacións, que factores,... todo depende do alumnado, é a súa responsabilidade dende o inicio e plantexamento polo profesor na práctica 1 ata o final.

3. En cada práctica, quen ten o control (profesor ou alumno) sobre os resultados? (É un problema aberto con múltiples solucións ou soamente ten unha)
Creo que o control dos resultados é do profesor en todo momento, os alumnos toman os datos, chegan as conclusións pero é o profesor quen dirixe e valida en último caso as explicacións. Explicacións, por outro lado, que teñen un número limitado de solucións posibles, podendo ter múltiples solucións (disposición das moedas, situación no eixo, fixación do lapis, material do eixo,...), ainda que as solucións poidan reducirse o final a situación do peso e o resultante final do centro de gravidade sobre o eixo. Problema aberto con múltiples solucións, ainda que restrinxidas e esperables polo profesor.

Creo que é todo por agora, seguiremos xogando ca buxaina introducindo un mecanismo de disparo como unha corda.

Saúdos

lunes, 3 de abril de 2017

Castañazo ca indagación

Boas de novo
A miña aterraxe na indagación foi.... como dicilo....accidentada, moi accidentada,....esnafreime de feito. O primeiro intento foi cun 4º da ESO no IES de CENSURADO (fai 3-4 anos) apuntei os rapaces nun proxecto de EducaBarrié chamado "Unha cebra na auga" (http://www.unacebraenelagua.es/), era un proxecto con peixes cebra. Tiñan que coidar os peixes, analizar auga e tendo en conta as condicións (ca axuda dunha web específica), modificar as condicións da auga,....total, a idea era manter vivos os animaliños e incluso conseguir que fixeran un posta de ovos e seguir o desenrolo. Como decir, os peixes tiñan medo dos alumnos, estresaronse, claro, o acuario estaba nunha aula temática (Bioloxía) por onde pasaban todo o mundo, e todo o mundo metia a man, literalmente. Pese a todo, sobreviviron, eu case non.
Resultado de imagen de una cebra en el agua
Ademais, o alumnado non participaba, non entraban na web e facían os xogos, non seguían as tarefas nen se preocupan, bueno, minto, preocupabame eu. Acabei facendo eu as cousas, o final do curso regalei os peixes os alumnos, dado que me iba do centro, creo que algún chegou a outubro. A esperanza de vida dos peixe cebra estresados ca auga "de aquel lugar de grato recordo pero ingrato resultado cas cebras" é máis alta do que esperaba (non morreo ningún durante o curso), pero os resultados en canto curiosidade, compromiso, ciencia,...foron cuestionables, nefastos.
Nesa aprendín, que non se pode apretar os alumnos para que fagan algo, por moi "guaia" que nos pareza, que non todos os alumnos entran no xogo (algúns só pensan nas notas e se non leva nota non interesa, outros directamente non queren facer nada nin bo nin malo, nin "guaia" nin "sen guaia", a resistencia ca frustación é baixa, xa non digamos volvelo intentar...), e os profesores/as compañeiros/as algúns xogan en casa, outros xogan en contra.
Sigo pelexando con iso, este ano estou intentando facer con 1º ESO una investigación cerrada (xa o fixeron outros, non facemos nada novedoso)....pouco a pouco, espero desenrolando cousas para todos os cursos, non todas de indagación, pero a lo menos unha o dous por nivel, combinado con proxectos, presentacións,....non sei, teño que ir facendo, proba e error.
Saúdos


Ciencia e Indagación na aula

Boas
O meu nome é Jorge J. Pérez veño sendo pringaíllo maior do reino no CPI de Zas, onde torturo nenos e nenas dende 1º da ESO ata 4º da ESO. Concretamente, doulle a paliza con Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO, Promocion de Estilos de Vida Saudables en 2º ESO, Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO (a miña maravillosa e excelente titoría), e os de 4º ESO levan ración dobre, Bioloxía e Xeoloxía e Economía.
O outro día fixemos unha actividade o aire libre dentro do Proxecto Erathostenes:
Na imaxe os de 3º e 4º ESO medindo a sombre dun pao de 1m as 12:42 horas exactamente; con ista medida e un pouco de trigonometría calculan o ángulo alfa. Tendo en conta dito ángulo e a distancia do centro ó Ecuador, pode estimarse a circunferencia de Terra (como fixo Erathostenes no seu momento).
Saúdos





sábado, 11 de febrero de 2017

E-portafolios do estudante




Para crear un e-portafolio debemos plantexarnos una sería de pasos e decidir para cada un diferentes solución no proceso. Pero o primeiro, é máis importante, é decirdir curso, materia e que vas faces. Neste caso, 4º ESO para Bioloxía e Xeoloxía, concretamente xenética e heredanza.
Pasos e solucións:
1.       Que plataforma vas utilizar (Blogger, Google Sites,...)? No meu caso un blog, este blog d Xeneciencia, parecenme fáciles de crear e actualizar, permiten un deseño dinámico e permiten engadir moitos gadgets segundo a necesidade de cada momento. Ademáis, podría crearse un blog tamén colectivo para os traballos en grupo, a maiores dos blogs personais.
2.       Que seccións obrigatorias debe ter o e-portafolios? Personalmente creo que debe ter libertade de acción cada alumno, pero partindo dunha base de mínimos. Neste base deberían estar as sección de presentación e introduciión da asignatura (obxectivos, xustificación, temporalización,….), Actividades/Tarefas/Evidencias; Outras actividades, Unha reflexión personal sobre expectativas, Arquivo de tarefas, Avaliación das tarefas,… tamén incluiría un apartado de Apuntes, donde engadan os contidos aprendidos (unha especie de resumo persoal).
3.       É un portafolios individual ou de grupo? Como xa comentei antes, unha combinación de ambos, momentos de productos individuais combinados con colaboración en grupo. Podría facerse un personal para cada alumno ou grupo de alumno, e un de aula para os traballos en grupo.
4.       Con que periodicidade débese actualizar? Sempre que sexa necesario, dado que as actividades teñen diferentes temporalizaciones, normalmente unha media de 15 días entre actualizacións.
5.       Que produto debe incluírse en cada unha das fases? Na fase de recopilación de evidencias serían actividades feitas en clase (resultados, reflexións,…), na selección de evidencias os resultados de cada tarefa (traballos en grupo, presentacións, videos,…) e na fase de reflexión a valoración do traballo, do aprendido (informe DAFO,….). O final deberían compilar todo nun documento ou dunha maneira que permita ver toda a evolución do material, de forma organizada e que quede publicada no blog para a súa revisión e reflexión (fase de publicación).
6.       Que guías de axuda á realización do e-portafolios necesitarías? Incluiría todas as guías que foran necesarios, para empezar un planing ou calendario que lles permita organizarse, dado que son moitas materias. Tamén guías de elaboración de calquera producto que requira certas habilidades (video, poster,…). Debe terse en conta sempre as dificultades dos alumnos coas plataformas de traballo, as novas tecnoloxías e incluso o problema de que non teñan na casa ditos recursos.
Creo que todo esto se debe plantexar con máis detalle pero deixando flexibilidade en todo momento para adaptarse o alumnado, as circunstancias,…
Saudos
Jorge J.