Nas seguintes fotos mostro os experimentos para identificar habilidades científicas:
1) Acuario de refrescos.¿Que diferencias atopas entre unhas latas e
outras?
Creo que o alumnado traballa todas en
maior ou menor medida:
Observación: Observaran que
unhas latas flotan e outras non flotan; poden relacionar isto con bebidas sen azucre.
Elaboración de cuestións: A
cuestión sería a que plantexar a actividade, pero poden preguntarse diferencias
de composición que os levarán ata a elaboración dunha hipótese en base a
observación.
Hipótese: A hipótese seria
¿Pode a composición de azucre cambiar a densidade da lata?. Serían dúas
posibles solucións, ou existen diferencias en base a composición de azucre; ou
non existe tal diferencia.
Planificación e
investigación: Utilizar varias latas de diferentes refrescos e non refrescos,
analizar se flotan ou non, tomar nota do resultado e comparar composición.
Interpretación: Se as latas
con azucre normal non flotan, a maioría irán para o fondo. E as latas con
substitución por edulcorante artificial flotarán.
Comunicación: Pode ser un
póster ou simplemente unha explicación somerxido latas (tendo coidado de non
ter aire debaixo) para demostrar dita explicación.
Se ven o que máis se traballa sería a observación,
elaboración de cuestións, hipóteses e interpretación frente as outras.
No meu caso as fotos do experimentos:
Como se ve aparecen 2 latas no fondo e o resto flotando. Nas que flotan aparecen refrescos, cerveza,.... Noutra proba:
Na foto aparecen as latas de antes, máis unha botella con outro formato para comprobar si flota ou no.
2)Torre de cores.¿Cal podría ser a causa pola que estes líquidos
estén separados ? Se ven creo que se traballan todas as habilidades:
Observación: Aparecen os
diferentes líquidos separados formando bandas.
Elaboración de cuestión: Que
preguntas poden plantexar, diferenciar por cores, por peso, se son espesos ou
líquidos, ou densidade. Algunhas son erróneas de concepto.
Hipótese: Os líquidos poden
ordearse por densidade? Ou non é a densidade o factor determinante?
Planificación e
investigación: Utilizar diferentes densidade é líquidos, incluso sólidos
(pelotas de Ping-Pong, ravos...).
Interpretación: Os
resultados mostraran que os líquidos colocaranse por densidades, menos densos
arriba e secuencialmente cara abaixo.
Comunicación: Demostración
con fórmulas, ou engadír outros produtos demostrando ditos principios.
Sobre todo neste caso o traballo de hipóteses,
planificar e investigar e interpretar sobre os outros. Parece que observacións
e cuestións son moi sinxelas de atopar, o complicado para mín é a
investigación, interpretación e comunicación; polo que sería onde se
traballarían máis as habilidades. Todas se traballan pero máis as últimas que
sinalo, debido precisamente o complicado de traballadas.
Neste caso o problema foi co alcohol que non quixo mesturarse co vermello do colorante:
E polo tanto, a torre non quedou de todo colorida:
Colorante alimentario en pasta, non líquido, problemillas có alcohol.
3) Buzo.¿Porqué crees que o apretar a botella, baixa o
“buzo”? O mesmo creo que traballan todas as habilidades:
Observación: Neste caso ven
baixar ou subir o buzo cando apretan e baixan
Elaboración de cuestións:
Complicado elaborar cuestións manexar conceptos de presión creo que pode ser
complicado.
Hipótese: Para min, deberían
ser, Cando aumenta a presión suben? Ou non?.
Planificación e
investigación: Tamén complicado facer experimentos, creo que se podería facer
unha bolsa con papel de aluminio ou plástico con líquido dentro, ver se pode
complicarse.
Interpretación: Tamén
complicada polo tema da presión.
Comunicación: Neste caso
tamén difícil debido os conceptos implicados.
Neste caso traballan observación e elaboración de
cuestións sobre todo, unha vez chegado a dita parte o resto non me parece moi
variable. A hipóteses, planificación e interpretación son case idénticos entre
grupos (supoño), o revés do caso da torre de colores, serían as habilidades
primeiras as que mais se traballan debido a súa dificultade conceptual.
Nesta proba o problema foi escoller un paquete de mostaza en lugar de ketchup:
Pero logo con outras probas, e o paquete correcto, conseguiuse:
4)Plano inclinado.¿Poderías relacionar a inclinación do plano e a
velocidade da bola? O mesmo caso que os outros experimentos, creo que en xeral
se traballan todas as habilidades:
Observación: A bola varia a
velocidade con respecto o ángulo o cambia o tempo pero non a velocidade.
Elaboración de cuestións:
Neste caso moitas cousas, como o ángulo do plano inclinado non cambia, pero
pode cambiar o material da bola ou da superficie.....
Hipótese: Maior ángulo máis
velocidade? Menos velocidade ou igual velocidade?
Planificación e
investigación: Sinxela, cambiar o ángulo do plano é medir, se ven sería un
problema coller un espazo corto para medir (problemas de medida do tempo).
Tamén poden cambiar outras variables como materiales, cronómetros, distancia do
plano,...
Interpretación: Neste caso
ten fácil interpretación tendo en conta dita hipótese, ou cambia velocidade, ou
cambia o tempo no plano; ou ambos. Tendo en conta os resultados interpretación
sinxela.
Comunicación: Táboa con
resultados e unha gráfica dos mesmos, análise do traballo feito.
No caso do plano inclinado para min o que máis
traballan é a planificación e investigación, tomar os datos de forma precisa
cun erro mínimo pode ser complicado de facer; por exemplo, se toman a medida
con pouco espazo entre os puntos de inicia e final pode darlle un erro moi
grande. Polo que pode ser complicado dito proceso. Tamén pode pasar que empecen
a cambiar outras variables como material, tipo de obxecto (coches de
xoguete,....) poden xerar demasiadas variables.
Por último, neste caso, esquezinme totalmente das instruccións do experimento, pero, e que tendo un xoguete no laboratorio do instituto como o que se mostra na foto, tiña unha razón para xogar con él:
Ademáis o propio aparello era utilizado para calcular velocidade media polo profesor de física e química do meu centro. Pero, era tan completo que tiña para ángulos:
Creo que isto é todo....por agora